Jesús Simal e Xosé Ramón Nóvoa, Medallas de Investigación 2020 da Real Academia Galega de Ciencias

Os catedráticos da UVigo Jesús Simal e Xosé Ramón Nóvoa

Dúas das cinco Medallas de Investigación que a Real Academia Galega de Ciencias outorgará o vindeiro xoves 8 de outubro terán como destinatarios aos investigadores da UVigo Jesús Simal e Xosé Ramón Nóvoa. Os galardóns cos que a RACG recoñece a traxectoria consolidada de cinco científicos galegos recaeron nesta segunda edición na sección de Química e Xeoloxía (Medalla Antonio Casares Rodríguez) no catedrático Jesús Simal Gándara, responsable do Grupo de Investigacións Agro-Alimentarias e Alimentarias, mentres que na sección de Ciencias Técnicas, a Medalla Isidro Parga Pondal é para o tamén catedrático da UVigo e coordinador do Grupo Encomat (Enxeñaría de Corrosión e Materiais) Xosé Ramón Nóvoa Rodríguez. Pola súa banda, os investigadores da USC Carlos Salgado, José Manuel Sabucedo e Luis Miguel Botana, recibirán as medallas das seccións de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación; Ciencias Económicas e Sociais e Bioloxía e Ciencias da Saúde, respectivamente.

Ler a nova completa no DUVI