Concepción Paz, directora de Cintecx: “O centro aspira a defender unha capacidade de investigación competitiva no marco europeo sen deixar as esferas locais e rexionais”

Concepción Paz toma a remuda de José Luis Martínez Lastra á fronte do centro, no que desenvolven a súa actividade máis de 160 investigadoras e investigadores

10 grupos de investigación industrial, dos que sete están recoñecidos pola Xunta de Galicia como grupo de referencia competitivo e outros dous como grupos de potencial crecemento, integran o Centro de Investigacion en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, Cintecx, que encara unha nova etapa baixo a dirección da docente e investigadora do Grupo de Tecnoloxía da Enerxía da UVigo Concepción Paz Penín (Ferrol,1969). “É unha honra que o reitor confiase en min para este reto tan apaxionante. Se ben trae aparellado un traballo moi duro, estou segura de que será tamén gratificante e enriquecedor, tanto desde o punto de vista profesional como investigadora e agora tamén como xestora, como persoal”, sinala Concepción Paz, que se incorporou como profesora ao Departamento de Enxeñaría Mecánica, Maquinas e Motores térmicos de fluídos da Universidade de Vigo no ano 1997.

Ler a nova completa no DUVI