Celebración da primeira gradación virtual da Universidade de Vigo. O acto contou coa participación da vicerreitora Natalia Caparrini e o decano do Colexio de Enxeñeiros de Minas do Noroeste, Juan José López, así como de representantes de empresas, antigos alumnos e profesores. Os cinco graduados tiraron de humor para lucir birrete grazas a unha montaxe e o seu padriño, o profesor Javier Taboada.