Investigadores da UVigo desenvolverán un sistema de desinfección contra a COVID-19 empregando dispersión de líquidos con drones

O proxecto avanzará no uso de drones empregados para a dispersión de líquidos. Fonte da imaxe: www.dji.com

Na volta á “nova normalidade” trala pandemia da COVID-19, un dos retos que se afronta é a desinfección das zonas que volverán a ser usadas pola cidadanía, desde centros educativos ata parques. Investigadores da Universidade de Vigo levarán a cabo un proxecto que ten como obxectivo o desenvolvemento dun sistema de desinfección empregando dispersión de líquidos mediante sistemas aéreos non tripulados. Aproveitando a “madurez” que xa ten a tecnoloxía de limpeza con drones, o seu traballo centrarase no desenvolvemento dun sistema de información xeográfica a nivel galego e dunha metodoloxía que permita optimizar o seu uso nesta crise.

Ler a nova completa no DUVI