A Sociedade Española de Mecánica de Rochas (SEMR) vén de outorgar o seu Premio Anual á mellor tese de doutoramento no eido da mecánica das rochas, distinguindo cunha Mención Honorífica á tese de doutoramento ‘Study of the frictional behaviour of planar saw-cut rock surfaces towards a methodology for tilt testing and its application to case studies’, realizada por Ignacio Pérez Rey, investigador do laboratorio de xeotecnia do CEDEX e egresado da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, e dirixida polo profesor Leandro Alejano Monge, do grupo de investigación ‘Explotación de Minas’ da Universidade de Vigo.
No traballo premiado preséntase un estudo experimental dos factores que influencian o ángulo de fricción básico das descontinuidades rochosas, parámetro de especial relevancia á hora de analizar a estabilidade de obras a ceo aberto e subterráneas, executadas en macizos rochosos. Ademáis, esta tese serviu de apoio para o desenrolo dunha metodoloxía suxerida (Suggested Method) que emana da ISRM (Sociedade Internacional de Mecánica de Rochas e Enxeñaría de Rochas) e que foi publicada no ano 2018. Na tese tamén se propón unha metodoloxía novedosa para o estudo da estabilidade de estruturas xeolóxicas, aplicándose a un caso de estudo da ‘Pena do Equilibrio’.