Garantir que poidan seguir desenvolvéndose aqueles proxectos de investigación ou transferencia que non poden ser adiados e requiren de traballo nos laboratorios é o obxectivo do protocolo de acceso a estas instalacións establecido pola Universidade. A medida fixa que o acceso deberá realizarse por quendas, cunha única persoa en cada dependencia e ten como obxectivo evitar “unha parada total na investigación”, como salienta a vicerreitora Belén Rubio.