A Sociedade Española de Mecánica de Rochas premia unha tese viguesa

Ignacio Pérez Rey, autor da tese

A Sociedade Española de Mecánica de Rochas acaba de outorgar o seu Premio anual á mellor tese de doutoramento, concedéndolle unha Mención Honorífica á investigación realizada polo investigador Ignacio Pérez Rey, defendida en 2019 na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e dirixida polo profesor Leandro Alejano, do grupo de investigación Explotación de Minas da Universidade de Vigo. Neste traballo, Study of the frictional behaviour of planar saw-cut rock surfaces towards a methodology for tilt testing and its application to case studies, Pérez Rey presenta, un estudo experimental dos factores que influencian o ángulo de fricción básico das descontinuidades rochosas, parámetro de especial relevancia á hora de analizar a estabilidade das obras, tanto a ceo aberto como subterráneas, executadas en macizos rochosos. A isto hai que engadir, ademais, que este traballo serviu de apoio para o desenvolvemento  dunha nova metodoloxía de grande utilidade no estudo da estabilidade de estruturas xeolóxicas, empregando como caso de estudo a coñecida Pena do Equilibrio de Ponteareas.

Ler a noticia completa no DUVI