O Foro Tecnolóxico de Emprego recolle máis de medio milleiro de currículos en formato dixital

Nesta edición participaron na organización un equipo composto por 65 estudantes

O Foro Tecnolóxico de Emprego recolleu en apenas tres días máis de medio milleiro de currículos en formato dixital, unha cifra a que hai que sumar os documentos recollidos en papel nos propios postos das empresas e os daquelas firmas que teñen un formato propio de entrega e recollida de documentación. “A posibilidade de entregar os currículos dixitalmente foi un éxito total e as empresas están encantadas, por unha banda conseguimos reducir papel e, pola outra, tamén melloramos todas as cuestións relacionadas coa protección de datos”, explicaba intres antes da clausura a coordinadora desta edición, Candela Janeiro, estudante da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, principal cabeza visible dun equipo de organización composto por 65 estudantes das tres escolas de enxeñaría do campus de Vigo.

Ler a noticia completa no DUVI