Na procura de imaxes que rachen cos estereotipos de xénero na enxeñaría

Etiquetas
Imaxe gañadora da 1ª edición do concurso Autora da imaxe: Ana García

Unha enxeñeira no alto dun aeroxenerador e outra traballando nunha canteira. Estas foron as dúas imaxes que o ano pasado gañaron a 1ª edición do concurso de fotografía MULLE.Rme, unha iniciativa da que agora se lanza a súa segunda edición e coa que a Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía busca rachar cos estereotipos de xénero no mundo da enxeñaría. Aberto a toda a cidadanía e organizado ao abeiro da celebración do 8 de marzo, día internacional das mulleres, o obxectivo deste concurso é dar visibilidade a muller nas actividades relacionadas coa profesión de enxeñaría de minas e enerxía.

As persoas interesadas en participar poden enviar propostas ata o vindeiro 5 de marzo. O único requisito é que as imaxes sexan orixinais e que amosen situacións, paisaxes ou circunstancias relacionadas con actividades relacionadas coa profesión de enxeñeira de minas e enerxía: produción de enerxía, renovables, explotación de minerais e rochas, túneles, restauración de espazos mineiros, avaliación de impacto ambiental, fabricación de materiais… A muller debe ser a protagonista activa da imaxe ou, no caso contrario, a súa ausencia porá de manifesto a masculinización da actividade.

Ler a noticia completa no DUVI