O alumnado xa pode solicitar as bolsas de mobilidade internacional para o curso que vén

A responsable técnica da ORI, Amelia Rodríguez, nun intre da charla
A responsable técnica da ORI, Amelia Rodríguez, nun intre da charla

O alumnado da Universidade de Vigo que estea pensando en realizar o curso que vén unha estadía internacional ten xa aberto o prazo de solicitude para inscribirse nos diferentes programas de mobilidade internacional (Erasmus + Estudos, bolsas propias, ISEP, GE4…). Coincidindo coa publicación destas convocatorias a Oficina de Relacións Internacionais iniciou este luns na Facultade de Filoloxía e Tradución unha serie de charlas informativas nas que se informará a todo o alumnado interesado sobre as diferentes opcións que teñen ao seu dispor e os pasos que deben seguir dependendo da opción que elixan.

Ler a noticia completa no DUVI