Unha enxeñaría redonda: materias primas, medio ambiente, economía circular, desenvolmento sostible, enerxía, industria, tecnoloxía, dirección de grandes proxectos….

Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos

  • Xestión de recursos e protección do medio ambiente.
  • Xeración, transformación e transporte de enerxía: centrais térmicas e hidráulicas, ciclos combinados, centrais nucleares,enerxía eólica, enerxía solar, enerxía xeotérmica e outras enerxías.
  • Explosivos, demolicións e obra civil, extracción de materias primas, plantas de tratamento, reciclaxe etc.
  • Metalurxia, materiais tradicionais (aceiros, metais, materiais de construción…) e novos materiais.
  • Exploración, prospección e explotación dos recursos xeolóxicos e minerais: combustibles fósiles (carbón, petróleo e gas), minerais, rochas, auga, espazos subterráneos, etc.

 

Carlota Sanchez Alonso

Promoción: 2017

Enxeñeira xeotécnica en Fugro Netherlands Marine.

Durante o grao, desfrutei especialmente das materias relacionadas coa mecánica de solos e rochas e coa construción de túneles. Tras especializarme neste eido cun máster na TU Delft (Países Baixos), traballo na avaliación de dados do solo mariño para superestruturas, como parques eólicos offshore.

 

Denis Barros Caballero

Promoción: 2017

Enxeñeiro de minas da ISRU de MaanaElectric en proxectos I+D+i relacionados cos procesos de separación e beneficio de minerais coa tecnoloxía ISRU (In-Situ Resource Utilization) con aplicación terrestre e lunar.

A minaría espacial é a base sobre a que se ten que construír o futuro da exploración e expansión do ser humano no sistema solar.

 

Lara Herrero de Villalobos

Promoción: 2019

Técnica de laboratorio na Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia.

Realizo proxectos de implantación do sistema de xestión de minaría sostible no sector do granito, ensaios de marcado CE en pedra natural e consultaría técnica.

 

Uxía Alonso Sanmartín

Promoción: 2016

Enxeñeira do departamento de operacións de Cupa Group: seguimento, análise e control de produción do proceso de labrado automático, así como a optimización dos procesos produtivos das naves de elaboración de pizarra e a mellora continua.

A miña etapa universitaria permitiume saber que o máis importante é saber escoitar aos demais. Sexa cal sexa o nivel xerárquico sempre hai algo que aprender. Ademais é importante formarse continuamente e ter unha boa capacidade reflexiva e crítica.

 

Saki Gerassis Davite

Promoción: 2014

Oficial de Políticas e Datos na Comisión Europea.

Son responsable da coordinación do sistema de interoperabilidade e colección de datos para infraestruturas de carga do vehículo eléctrico en Europa. Ademais, participo na definición de políticas sobre a estratexia de datos, intelixencia artificial e cloud computing baixo o Pacto Verde (Green Deal) Europeo.

 

Carolina Rodríguez

Promoción: 2016

Técnica de Prevención de Riscos Laborais no Servicio de Prevención Propio de ABANCA

Durante o grao comecei a interesarme pola prevención dos riscos laborais e orientei o meu futuro nese sector.

 

José Quiñones Costa

Promoción: 2015

Director facultativo de canteiras en PREBETONG ÁRIDOS SLU.

Xestiono as canteiras do grupo dende o control dos costes, planificación da produción, deseño de voaduras, elaboración de proxectos, xestión mantemento da maquinaria, etc.

Enxeñaría da Enerxía

  • Enerxías renovables: xeotermia, enerxía solar, biomasa,enerxía eólica, enerxía hidráulica, etc.
  • Enerxías renovables incipientes: enerxía mareomotriz,enerxía undimotriz, etc.
  • Aforro e eficiencia enerxética. Coxeración.
  • Centrais térmicas e hidroeléctricas.
  • Novas tecnoloxías enerxéticas. Biocombustibles, pilas de combustible, etc.
  • Xeración, transmisión e conversión da enerxía térmica.
  • Xeración, transporte e utilización da enerxía eléctrica.
  • Auditoría enerxética.
  • Combustibles convencionais: gas, petróleo, carbón, etc.

 

Raquel Pérez Orozco

Promoción: 2014

Investigadora do Grupo de Tecnoloxía Enerxética da Universidade de Vigo.

O reto da redución de emisións na combustión de biomasa é o eixo central do meu traballo como investigadora.

 

Jose Eduardo Guerra Castro

Promoción: 2018

Técnico de control de calidade

Actualmente encóntrome traballando nunha empresa do sector metalúrxico e teño a oportunidade de participar na montaxe de caldeiras de xeración eléctrica a partir de biomasa.

 

Ana García Fernández

Promoción: 2016

Enxeñeira de calidade residente en PSA Vigo

O sector da Enerxía é unha industria en auxe que abarca diferentes campos de traballo.

 

Alexandre Pérez Rodríguez

Promoción: 2019

Enxeñeira de calidade residente en PSA Vigo

Enxeñeiro Técnico de Loxística e Métodos en Maviva Servicios Globales (Ferrovial Servicios).

O hábito adquirido de traballo en equipo na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía axúdame na miña profesional actual.

 

Patricia Merino Pérez

Promoción: 2017

Enxeñeira mecánica en IDOM Consulting, Engineering, Architecture.

Tras un ano traballando na Central Térmica de As Pontes (A Coruña), a versatilidade do meu grao permíteme estar traballando nestes intres no estudio de  gases renovables como o hidroxeno.

 

Manuel Fernández Martínez

Promoción:  2016

Photovoltaic Design Engineer

Actualmente estou traballando no deseño de proxectos de parques fotovoltaicos no Reino Unido. Entre as miñas tarefas, destaco a creación de modelos 3D con fotogrametría do futuro parque, dimensionamento fotovoltaico eléctrico de paneis e inversores  e planos de implantación, localización e esquemas eléctricos.