O Máster Universitario en Enxeñaría de Minas ten unha carga docente de 120 ECTS, a impartir en dous cursos académicos. As materias do plan de estudos enmárcanse en catro módulos:

  1. Módulo “Formación Avanzada en Tecnoloxías”. Neste módulo establécense diferentes percorridos curriculares en función da titulación de acceso.
  2. Módulo “Formación Especializada en Tecnoloxías”. 39 ECTS de carácter obrigatorio.
  3. Módulo “Simulación numérica en Enxeñaría de Minas”. 18 ECTS de carácter obrigatorio.
  4. Módulo “Practicum”. 30 ECTS de carácter obrigatorio.
  5. Módulo de Optatividad. Recolle o conxunto de materias de carácter optativo da titulación.

A estrutura do plan de estudos pódese consultar aquí

Estrutura Plan de Estudos

 

Adaptación desde o plan en extinción

O Máster Universitario en Enxeñaría de Minas modificouse, impartíndose o primeiro curso do título modificado no curso 2024/2025. A táboa de adaptacións entre o plan en extinción e o plan novo pódese consultar aquí

Ver a Táboa de Adaptación

 

Calquera recoñecemento de créditos fóra do especificado na táboa é responsabilidade da Comisión Académica do Máster. Antes de tomar a súa decisión sobre o recoñecemento, a Comisión solicitará informe non vinculante ao profesorado responsable da materia para a que se pide recoñecemento. Calquera decisión farase atendendo á coincidencia de competencias, contidos e número de créditos entre a materia cursada e a que se solicita recoñecer.