Acto de benvida
O equipo directivo da EME quere darvos a benvida á Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e informarvos das actividades de benvida dos primeiros días de setembro.
O curso comeza o luns 13 de setembro. O xoves 9 de setembro celebrarase a Xornada de Benvida organizada expresamente para o alumnado de novo acceso. Esa mesma semana enviarase unha comunicación desde a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía a todo o alumnado matriculado en primeiro curso con información máis detallada sobre a Xornada de de Benvida.
Data: Xoves 9 de setembro.
Lugar: Vestíbulo da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (Campus As Lagoas-Marcosende, s/n).
Hora: 10:00 horas.
Neste acto coñeceredes:
- Organización docente
- Mobilidade estudantil
- Medidas de prevención e control sanitario
- Asociacións estudiantís e vida universitaria
Para nós é moi importante coñecer as vosas inquedanzas e expectativas en relación ao grao que ides cursar e a vosa futura vida universitaria, polo que nos gustaría que cubrísedes a seguinte enquisa:
Aquí presentámosvos material sobre os servizos xerais na Universidade de Vigo:
- Guía de Benvida
- Vídeos de Servizos UVigo:
Biblioteca
Bolsas
Benestar, Saúde e Deportes
Centro de Lenguas
Servizos Informáticos