A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía participa nos programas de mobilidade institucionais apoiando a saída do estudantado propio e acollendo ao estudantado externo (nacional e internacional).

O estudantado da Universidade de Vigo pode cursar parte das súas titulacións no estranxeiro a través de programas como o Erasmus, ISEP, así como beneficiarse das bolsas propias desta universidade, quen tamén pon a disposición do seu estudantado un tándem de conversa coa finalidade de fomentar a aprendizaxe de idiomas e as relacións interpersoais entre os participantes.

A Oficina de Relacións Internacionais é a encargada de coordinar, centralizar e xestionar as actividades internacionais que se desenvolven na institución, relacionadas con programas de intercambio de formación de estudantes.

Normativa para programas de mobilidade

 

Coordinador de relacións externas e mobilidade

José Santiago Pozo Antonio

+34 986 814 077 (Despacho)
+34 986 130 211 (Laboratorio 1.03 do MTI)
eme.internacional@uvigo.es
(martes e xoves: 10.00-13:00 no despacho 3 de Dirección)