Na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía traballamos na prioridade da Universidade de Vigo de impulsar unha cultura da igualdade e de inclusión, para conseguir que todas as persoas que conforman a comunidade universitaria poidan desenvolver a súa actividade con dignidade e nun espazo inclusivo e libre de violencias de xénero.

Todas as políticas encamiñadas a conseguir ese obxectivo xéstanse na oficina da Unidade de Igualdade (www.uvigo.gal/campus/igualdade). Todos os centros da UVIGO teñen un enlace de igualdade, unha persoa que actúa de vínculo entre o alumnado, PDI e PAS dos centros e a Unidade. Neste centro, o enlace de igualdade é Teresa Rivas, profesora da escola.

Estas son as actividades relacionadas ca igualdade que se van desenvolver ou que foron organizadas na Escola:

Próximas actividades

  • Día 29 de outubro 2020 ás 16.00 h. Charla-Taller: Como identificar e evitar o sesgo de xénero na docencia universitaria | Cartel (pdf, 139 KB)
  • Día 27 de outubro 2020 ás 13.00 h. Conferencia: O sesgo de xénero na docencia universitaria | Cartel (pdf, 139 KB)

Actividades realizadas

  • Día 8 de marzo 2020, día internacional da muller. O día 11 de marzo vanse a desenrolar co gaio desta celebración:
  1. Entrega de premios do II CONCURSO MULLE.Rme 2020.
  2. Charla coloquio: A muller nos estudos de enxeñaría da UVIGO. Actualización da situacióna académica e de egreso.
  • Día 11 de febreiro: dia internacional da nena e da muller na CIENCIA.
  • Desenrolo do proxecto INGRESO, RENDEMIENTO ACADÉMICO E EGRESO DAS MULLERES NOS GRAOS DE ENXEÑARÍA DA UVIGO, financiado pola Deputación de Pontevedra e a Unidade de Igualdade, dentro do marco Cátedra Feminismos 4.0. convocatoria 2019. Os resultados deste proxecto presentáronse na Xornada de Sociedade Dixital e Xénero Universidade de Vigo o 12 de decembro de 2019. Aquí podes descargar o poster.
  • Xornada AS MULLERES NA PROFESIÓN DE ENXEÑARÍA DE MINAS E ENERXÍA. UNHA MIRADA DENDE A EXPERIENCIA PERSOAL. 25 de otubro 2019. Esta xornada ten como obxectivo identificar os problemas que atopan as mulleres enxeñeiras nos espazos e ambientes de traballo no ámbito profesional da enxeñería de minas e enerxía e as trabas que se atopan as mulleres na busca activa de traballo neste ámbito. link al pdf e á noticia do DUVI: minaseenerxia.uvigo.es/gl/enxeneiras-minas-enerxia-retratan-nunhas-xornadas-seu-dia-dia-profesion.
  • I CONCURSO MULLE.Rme. 8 de marzo 2019. Visita a súa galería.