A Semana da Ciencia é unha visita guiada por diferentes espazos da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía convertido en museo interactivo, con talleres presenciais apoiados por materiais educativos, co obxectivo de transmitir unha mensaxe de utilización responsable dos recursos naturais para o desenvolvemento sustentable, pondo en valor a utilidade social e económica dos procesos científicos e tecnolóxicos do/as enxeñeiro/as que se forman nas súas aulas ou investigan nos seus laboratorios e mostrando ao mesmo tempo o atractivo dunha vida profesional dedicada ao mundo da transferencia tecnolóxica no ámbito das ciencias aplicadas da Terra. Esta actividade realizouse anualmente desde o 2007 a 2016 cunha participación total de 12500 visitantes e 225 centros de secundaria de Galicia. Esta actividade recibiu o Premio Comunicación 2014 da Cámara Mineira Oficial de Galicia e foi finalista na decimoséptima edición de Ciencia en Acción 2016, na modalidade “Ciencia, Enxeñaría e Valores” (Premio Acer).

sc 2

sc 3

sc 4

sc 5

sc 6

sc 13

sc 8

sc 9

sc 10

sc 11

sc 12