O TFM representa un contacto formal do alumnado coa realidade profesional na que se vai a integrar ao finalizar os seus estudos e, como actividade formativa que é, pretende que o alumnado realice, de xeito activo, un traballo aplicado e de conxunto, frecuentemente multidisciplinar, no que poñan en práctica as competencias que se lle van a requirir no exercicio profesional. Dende este punto de vista, debe consistir nun traballo individual de suficiente nivel e complexidade onde se engloben algún dos seguintes perfís:
Perfil académico ou investigador
Require do alumnado a integración e aplicación de coñecementos adquiridos ao longo dos seus estudos.
Perfil profesional
Tratase de resolver un problema de enxeñaría mediante a integración dun conxunto de conceptos, desenvolvementos, resolucións, e toma de decisións a partir das cales o alumnado amose a súa capacitación para atopar unha solución viable dende os puntos de vista tecnolóxico, orzamentario e de execución material.
Traballo Fin de Máster 2020/2021
Normativas do TFM
- Normativa do Traballo de Fin de Máster da UVigo
- Regulamento do Traballo de Fin de Máster na escola
- Calendario do TFM 2020/2021
Ofertas Temáticas do TFM
Formularios de Proposta do TFM
CALENDARIO DE DEFENSA DO TFM
Convocatoria | Solicitude | Defensa |
---|---|---|
Adiantada | Por confirmar | Por confirmar Horario e tribunais |
Xuño | 01/07/2021 | 02/07/2021 Horario e tribunais |
Xullo | 27/07/2021 | 29/07/2021 Horario e tribunais |
Coordinación do Traballo Fin de Máster
Elena Alonso Prieto
+34 986 813 775
ealonso@uvigo.es