Rodríguez Rodríguez

Profesor/a titular de universidade

Área de Enxeñaría Química
Departamento de Enxeñaría Química

Información de contacto

Escola de Enxeñaría Industrial
Edificio Fundición
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 812 312
aroguez@uvigo.es

Breve CV

Licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1993 e Doutora en Química pola Universidade de Vigo en 2001. Durante a súa carreira investigadora realizou distintas estadías de investigación no grupo do Prof. Cor Peters na Universidade de Delft (Holanda), o grupo do Prof. Luís P Rebelo no Instituto de Tecnoloxía Química e Biolóxica (Portugal), o grupo do Prof. Teixeira na Universidade do Minho (Portugal). Ata o momento é autora de 105 traballos de investigación. Ademais participou en 2 capítulos de libros e ten 2 patentes de uso. Ten participado en máis de 30 proxectos de investigación, tanto nacionais como internacionais. A súa liña de investigación se centra, nos últimos anos, no deseño de procesos de separación de compostos bioactivos e contaminantes emerxentes mediante técnicas máis respectuosas co medio ambiente.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Máster Universitario en Enxeñaría de Minas

V09M148V01106 | Procesos de Carboquímica e Petroquímica

Grao en Enxeñaría da Enerxía

V09G291V01105 | Química: Química

Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos

V09G311V01105 | Química

2º cuadrimestre

Grao en Enxeñaría da Enerxía

V09G291V01309 | Tecnoloxía de combustibles alternativos

 

Titorías

1º cuadrimestre

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

 

Investigación

Grupo de investigación

Procesos de Separación

Liñas de investigación

  • Extracción de compostos de interese industrial
  • Sistemas acuosos bifásicos
  • Líquidos iónicos