Catro mostras do talento investigador que se queda na UVigo

O programa de retención ofrécelles un contrato de tres anos prorrogables a outros dous

José Santiago Pozo

Sergio Gómez, Marta Conde, Cristina Delgado e Santiago Pozo están a piques de comezar unha nova etapa profesional como investigadoras e investigadores distinguidos da Universidade de Vigo, para seguir desenvolvendo os seus proxectos nos eidos da química física, a fisioloxía, a ecoloxía e bioloxía animal e a conservación de patrimonio cultural inmoble, respectivamente. Eles e elas son os seleccionados no Programa de Retención de Talento Investigador da UVigo 2020, que ten como finalidade a contratación de persoas de traxectoria destacada que tiveran desenvolvido a súa actividade de posdoutoramento na Universidade de Vigo. O contrato como persoal laboral temporal a tempo completo, na modalidade de investigador/a distinguido/a, terá unha duración de tres anos prorrogables a outros dous.

Ler a nova completa no DUVI