A Universidade establece un protocolo de acceso a laboratorios para garantir a continuidade da investigación

A medida revisarase e ampliarase cando finalice o estado de alarma

Estableceranse quendas dun máximo de catro horas cunha soa persoa por dependencia

Garantir que poidan seguir desenvolvéndose aqueles proxectos de investigación ou transferencia que non poden ser adiados e requiren de traballo nos laboratorios é o obxectivo do protocolo de acceso a estas instalacións establecido pola Universidade. A medida fixa que o acceso deberá realizarse por quendas, cunha única persoa en cada dependencia e ten como obxectivo evitar “unha parada total na investigación”, como salienta a vicerreitora Belén Rubio.

Ler a noticia completa no DUVI