Queres estudar Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos?

 

Queres estudar Enxeñaría da Enerxía?

 

Un dos nosos obxectivos é espertar a curiosidade e involucrar á cidadanía a través de actividades de divulgación e difusión baseadas en contidos documentados polo profesorado da EME cunha linguaxe rigorosa pero próxima.

Para facer accesible o coñecemento científico á sociedade en xeral e aos alumnos de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional en particular, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía ofrece un conxunto de actividades cuns contidos asociados á enerxía, os materiais e o medio ambiente, temas todos eles relacionados de forma directa cos graos que se imparten no noso centro: O Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e o Grao en Enxeñaría da Enerxía.

Actividades que organizamos

Actividades coas que colaboramos

 

Coordinación de actividades

Raquel Pérez Orozco
+34 986 813 423
eme@uvigo.es