
Na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía traballamos na prioridade da Universidade de Vigo de impulsar unha cultura da igualdade e de inclusión, para conseguir que todas as persoas que conforman a comunidade universitaria poidan desenvolver a súa actividade con dignidade e nun espazo inclusivo e libre de violencias de xénero.
Todas as políticas encamiñadas a conseguir ese obxectivo xéstanse na oficina da Unidade de Igualdade (www.uvigo.gal/campus/igualdade). Todos os centros da UVIGO teñen un enlace de igualdade, unha persoa que actúa de vínculo entre o alumnado, PDI e PAS dos centros e a Unidade. Neste centro, o enlace de igualdade é Generosa Fernández Manin, profesora da escola.
- 23 de xuño de 2023: Día Internacional da Muller na Enxeñería
- Concurso de microrrelato Contos_EME 2023
- 8 de marzo de 2023: Día Internacional da Muller. O lema deste ano na ONU é “Por un mundo digital inclusivo: Innovación y tecnología para la igualdad de género”
- Concurso fotográfico Mulle_Rme
- Ciclo de cinema-fórum “(in)Visibilidade das mulleres STEAM”
- 4 de novembro de 2022: II Xornada: A muller na profesión de Enxeñaría de Minas, Enerxía e Materiais
- 23 de xuño de 2022: Día Internacional da Muller na Enxeñería
- Concurso de microrrelato Contos_EME 2022
- 8 de marzo de 2022: Día Internacional de la Muller. O lema deste ano é na ONU é “Igualdade de Xénero hoxe para un mañá Sostible”
- Concurso fotográfico Mulle_Rme
- Ciclo de cinema-fórum “(in)Visibilidade das mulleres STEAM”
- 11 de febrero de 2022: Día internacional de la mujer y la niña en la ciencia
- 25 de noviembre de 2021: Día Internacional contra la Violencia de Género