Minerxía

MINERXÍA é a nova revista da Escola.

Trátase dunha nova canle de comunicación na nosa escola. Nela faise un resumo das actividades máis relevantes nas que partipamos como colaboradores u organizadores.

Nela falamos das actividades da escola, da investigación, da igualdade na escola, da mobilidade do estudantado, dos concursos e as actividades con outros centros, ademáis de presentar a nosa escola, nosos graos e nosos estudos.

 

Materia Prima

Coincidindo coa celebración da nosa patroa, Santa Bárbara, presentamos o primeiro número do boletín “Materia Prima”, que está chamado a ser un lugar de encontro de persoas tituladas e alumnado actual e futuro da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.

Cunha frecuencia estimada de 3 ou 4 números por ano, trataremos de que sexa unha publicación amena con entrevistas e datos de interese sobre os estudos, o desempeño profesional e outro tipo de actividades de antigo estudantado da escola.

Matería Prima 5 | Matería Prima 4 | Matería Prima 3 | Matería Prima 2 | Matería Prima 1