Programa SICUE

O programa SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois) permite realizar un periodo de estudos (un semestre ou curso completo) nunha universidade española diferente á de orixe do estudante, sen que este perda a súa condición de estudante da propia universidade, é dicir, sen traslado de expediente.

O Coordinador/a de mobilidade é a persoa encargada, con apoio do equipo administrativo do centro e da universidade, de xestionar todo o proceso administrativo, do asesoramento do estudantado, tanto propio como de acollida, e de organizar a difusión da información. A información sobre o programa difundese na páxina web da facultade e organizanse anualmente reunións informativas e de asesoramento.

O estudantado ten á súa disposición información sobre os plans de estudos dos centros de destino.

Consulta a convocatoria