Delegación de Estudantes de Minas e Enerxía
A Delegación de Estudantes de Minas e Enerxía é o órgano de representación dos estudantes da EME.
Cartel de Minas
O Cartel de Minas é un evento deportivo universitario de ámbito internacional único en Europa no que cada ano participan unha morea de estudiantes das Escolas de Minas de Francia, Alemaña, Italia e España.
Foro Tecnolóxico de Emprego
O Foro Tecnolóxico de Emprego é unha iniciativa creada no ano 2001 polas delegacións de alumnos das Escolas de Enxeñaria de Telecomunicación, Industriais e Minas da Universidade de Vigo, que se uniron para traballar nun proxecto que tiña por obxectivo facilitar o achegamento laboral das empresas aos futuros titulados de enxeñaria desta universidade.