Rivas Brea

Profesor/a titular de universidade

Área de Explotación de Minas
Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente

Información de contacto

Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Despacho M118
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 811 922
trivas@uvigo.es

Breve CV

Doutora en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1996. Desde o ano 2009, é Profesora titular de universidade con destino na EME da Universidade de Vigo. Previamente a este posto, gozou de varias bolsas postdoctorales e contratos de investigación tanto na Universidade de Santiago como na Universidade de Vigo, entre eles un contrato Ramón e Cajal. Imparte docencia na EME, no Grao en enxeñaría dos recursos mineiros e enerxéticos, no Máster en Enxeñaría de Minas e no Máster en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural. É coordinadora do Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural da Universidade de Vigo e participa nalgunhas outras actividades de xestión na EME. Centra a súa investigación no campo da explotación de rochas graníticas e no seu comportamento no Patrimonio cultural. Participou en numerosos proxectos de investigación de carácter competitivo centrados no coñecemento das características físico-mecánicas destas rochas que máis condicionan o seu comportamento en obra, na identificación dos factores de alteración que actúan en edificacións graníticas e na resposta destas rochas fronte a tratamentos de consolidación, protección, desalación e limpeza. No último proxecto de investigación dirixido, finalizado en 2013, aplicouse por primeira vez o láser como técnica de limpeza de pátinas de distinta natureza (bioxénicas, sulfatadas, grafitis) desenvolvidas en granitos e desenvolveuse un procedemento novo de desalación de granitos por métodos electrocinéticos. Paralelamente a esta liña de investigación, desenvolve outras actividades na área de explotación de minas, como a avaliación de ferramentas estatísticas aplicadas á explotación racional de recursos mineiros e a investigación das causas de accidentes no ámbito da Minaría e obra civil. A súa traxectoria investigadora, que comezou no ano 1990, reflíctese en numerosas publicacións en revistas de prestixio e nunha importante actividade de divulgación científica en congresos e simposios.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos

V09G311V01307 | Procesos de recuperación de menas
V09G311V01409 | Enxeñaría para a xestión, tratamento e valorización de residuos mineiros

Máster Universitario en Enxeñaría de Minas

V09M148V01101 | Concentración de Minerais
V09M148V01102 | Explotación Sostible de Recursos Mineiros

2º cuadrimestre

Titorías

1º cuadrimestre

Titorías presenciais
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario fixo coa seguinte programación:
– Xoves: de 12:00 a 14:00, despacho 18 ou plataforma campus remoto, Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

 

2º cuadrimestre

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.