García Bastante

Profesor/a titular de universidade

Área de Explotación de Minas
Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente

Información de contacto

Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Despacho M122
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 813 794
bastante@uvigo.es

Breve CV

Enxeñeiro de minas pola UPM (1995) e Doutor Enxeñeiro pola Universidade de Vigo (2002). Durante a realización dos meus estudos de enxeñaría obtiven bolsas, de carácter competitivo, en dúas empresas de ámbito internacional. Tras o termo da carreira fun bolseiro do programa de Cooperación Educativa da UPM. No marco do devandito programa traballei no Proxecto Migollas como responsable do seguimento dos labores de infraestrutura incluíndo actividades como a supervisión e control diario do avance en galerías ou a elaboración de informes de planificación e control de investimentos. En febreiro de 1997 incorpórome como profesor á Universidade de Vigo, adscrito á área de Explotación de Minas, sendo responsable da impartición das materias de explosivos, tecnoloxía mineira e ampliación de seguridade. Ao pouco tempo comezo coa elaboración da miña Tese Doutoral enfocada na Minaría das lousas ornamentais. A Tese céntrase na avaliación dos recursos de lousa, no deseño das explotacións así como a súa planificación utilizando ferramentas matemáticas como as técnicas xeoestadísticas ou os algoritmos de optimización. Tras a defensa da Tese continúo con este campo de investigación durante varios anos incorporando técnicas de simulación de xacementos e de introdución de incerteza na valoración económica dos mesmos. Froito deste traballo foron as primeiras publicacións de autores españois, en revistas indexadas no JCR, que abordaron esta temática. Por outra banda comezo a impartir docencia no programa de doutoramento de Tecnoloxía Ambiental, programa que obtivo a Mención de Calidade do MEC desde a súa solicitude no 2006. No ano 2007 habilítome como profesor Titular de Universidade e, ese mesmo ano, tras concurso público obteño praza na Universidade. Nestes anos participei en numerosos proxectos de investigación e contratos dentro do grupo de investigación da área de Explotación de Minas. Aínda que a temática dos devanditos traballos é multidisciplinar o transfondo sempre foi eminentemente mineiro, desde a optimización e modelado de explotacións ata o estudo xeotécnico de escavacións subterráneas ou de noiros, pasando por temas como a análise de viabilidade económica ou a seguridade mineira, entre outros. Desde unha perspectiva xeral a miña liña de investigación abarca a aplicación de técnicas matemáticas de modelado e optimización á resolución dos problemas que se expoñen na enxeñaría mineira, isto é, un enfoque pragmático, pero mantendo o rigor científico. Os resultados do traballo de investigación foron publicados en revistas indexadas e en congresos internacionais (varias decenas de artigos). Tamén dirixín unha Tese Doutoral, numerosos proxectos fin de carreira e son revisor habitual de varias revistas indexadas no JCR.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Enxeñaría da Enerxía

V09G291V01404 | Proxecto colaborativo

Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos

V09G311V01303 | Voaduras
V09G311V01411 | Proxecto colaborativo

Máster Universitario en Enxeñaría de Minas

V09M148V01104 | Explosivos e Voaduras

2º cuadrimestre

Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos

V09G311V01311 | Explosivos

Titorías

1º cuadrimestre

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

 

2º cuadrimestre

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.