fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Materiais

As ciencias dos materiais e a metalurxia enfróntanse ao reto do deseño e estudio de novos materiais ou da sostenibilidade, fundamentada neste segundo caso nun emprego dos metais máis responsable e eficiente, reducindo o seu consumo con mellores deseños, empregando recursos minerais co mellor rendemento, aproveitando máis eficazmente as chatarras…, todo iso acompañado dunha estratexia de substitución por elementos con maior dispoñibilidade ou mellor capacidade de reciclado. Nestes procesos a aportación dos Enxeñeiros e das Enxeñeiras da EME é fundamental.


CAMPOS DE TRABALLO

  • Materiais de construcción, metálicos, cerámicos, plásticos e compostos.
  • Fundicións e fábricas de aceiro.
  • Técnicas de unión e conformado.
  • Reciclaxe de metais e residuos.
  • Novos materiais: nanomateriais, superconductores, materiais con memoria de forma etc.