VI Feira de Minerais de Santiago de Compostela

VI Feira de Minerais  de Santiago de Compostela: 5, 6, 7 e 8 de marzo 2020 no centro comercial Area Central.

Anualmente celebrase a Feira de Minerais de Santiago de Compostela. Este ano 2020 a EME será a encargada de realizar o taller de recoñecemento de minerais os días 5 e 6 de marzo dende as 10.30 ata as 13.30 horas.

 

IV Feira de minerais de Guláns (Ponteareas)

IV Feira de minerais de Guláns (Ponteareas): 8, 9 e 10 de maio 2020 no Centro Cultural de Guláns.

A EME será a encargada de realizar os obradoiros de recoñecemento de minerais o 8 de maio pola mañá.