Co obxectivo da celebración do día 8 de marzo, día internacional das mulleres, na EME celebramos unha serie de actividades. Entre elas, lanzamos unha nova edición do concurso de fotografía Mulle_Rme, co cal buscamos dar visibilidade á muller nas actividades relacionadas coa profesión de enxeñaría de minas e enerxía: xeración, transformación, transporte e uso da enerxía, enerxías renovables, explotación de minerais e rochas, túneles e obras subterráneas, restauración de espazos mineiros, avaliación de impacto ambiental, fabricación e uso de materiais, explosivos, etc.

Mulle_Rme 2024


As persoas interesadas poden enviar as súas fotografías antes do 23 de febreiro de 2024 a eme@uvigo.es.

Bases (PDF 0,6 MB)