Concurso de improvisación oral

Queres demostrar o teu potencial como orador? Esta é a túa oportunidade. A EME xunto coa a Delegación do alumnado lanzan o EME – PAKUXA 2020. Na túa intervención terás 16 diapositivas e 20 segundos para cada unha delas. Ti non coñecerás as diapositivas e terás que realizar unha exposición coherente e orixinal.

O concurso celebrarase o 1 de abril no vestíbulo da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da UVIGO, dende as 14 ás 15 horas. Para poder participar envía as túas inscricións a eme.delegacion@uvigo.es antes do 20 de marzo indicando o teu nome e grao que cursas.

Un xurado constituido por dous profesores da EME e dous alumnos decidirá cal será o gañador.