Constrúe a túa escavadora

Desde a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (EME), convidamos o alumnado de terceiro e cuarto da ESO, de bacharelato e de ciclos formativos a asumir o reto Escava_Rme 2021. Poñerán a proba o seu enxeño e reatividade, e reforzaranse os estándares de aprendizaxe dos currículos de terceiro e cuarto da ESO, e de primeiro e segundo de bacharelato, relacionados coa hidráulica, pneumática, circuítos e automática.

Os/as concursantes deberán construír un equipo que sexa capaz de remover e de cargar material. O guindastre/grúa con sistema de carga poderá estar fixo ou ser móbil. O requisito fundamental é que poida rotar sobre si mesmo e permita realizar a carga do material.

Inscricións ata o 30 de xaneiro de 2021.

 

Bases do concurso Formulario de inscrición

 

Contacto

Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Campus universitario
36310 Vigo

+34 986 814 077
eme@uvigo.gal