Na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía traballamos na prioridade da Universidade de Vigo de impulsar unha cultura da igualdade e de inclusión, para conseguir que todas as persoas que conforman a comunidade universitaria poidan desenvolver a súa actividade con dignidade e nun espazo inclusivo e libre de violencias de xénero.

Todas as políticas encamiñadas a conseguir ese obxectivo xéstanse na oficina da Unidade de Igualdade (www.uvigo.gal/campus/igualdade). Todos os centros da UVIGO teñen un enlace de igualdade, unha persoa que actúa de vínculo entre o alumnado, PDI e PAS dos centros e a Unidade. Neste centro, o enlace de igualdade é Generosa Fernández Manin, profesora da escola.

  1. Concurso fotográfico Mulle_Rme
  2. Ciclo de cinema-fórum “(in)Visibilidade das mulleres STEAM”