Máster en Xeoinformática
 
O Máster Universitario en Xeoinformática polas Universidades de Vigo e Coruña nace como un título de alta especialización para xerar profesionais orientados ó mercado da industria xeoespacial. A industria xeoespacial é un dos sectores que máis rapidamente creceu nos últimos anos debido as diferentes aplicacións relacionadas con sistemas de posicionamento global, sistemas de información xeográfica, dispositivos móbiles ou teledetección satelital.

Actualmente entorno ó 80 % dos datos dispoñibles por parte dunha empresa ou administración son de tipo xeorreferenciado, onde a compoñente espacial, entendido como a capacidade de xeolocalizar datos, axuda a obtención de información de gran valor para a toma de decisións. Xorde entón a necesidade de xestionalos de forma eficaz, ordeada e estruturada para a súa utilización de forma correcta, onde a accesibilidade, estandarización e interoperabilidade resultan claves para o desenvolvemento da actividade.

A xeoinformática presenta aplicacións a diversos eidos de actividade, como por exemplo intelixencia xeoespacial, xestión urbanística, xestión do medio natural, xestión de infraestructuras, xeomárketing, xeosaúde, análise espacial, xeoestadística, etc.

Páxina web do título

 

Información de interese

  • Prazas: 30
  • Tipo de ensino: presencial
  • Periodicidade da oferta: anual
  • Duración: 60 créditos ECTS

 

Coordinación

Higinio González Jorge
+34 986 818 752
higiniog@uvigo.es