No Máster Universitario en Enxeñaría de Minas trabállanse as seguintes competencias

Competencias básicas

Son aquelas que os estudantes deben adquirir durante os seus estudos de nivel de Máster Universitario, establecidas pola normativa de ámbito estatal (RD 1393/2007).

Competencias transversais

Para definir estas competencias, tomouse como referencia o conxunto de competencias fixadas polo Real Decreto 1027/2011, de 15 de xullo, polo que se establece o Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, para estudos de Máster Universitario.

Competencias xerais e específicas

Á hora de expoñer as competencias xerais e específicas do título tomouse como referencia obrigada a relación de competencias establecidas pola Orde CIN/310/2009, de 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro de Minas. Por tanto, o conxunto de competencias tanto xerais como específicas do título, corresponden integramente coa relación de competencias marcadas na Orde CIN/310/2009 asignándose o carácter como competencia xeral ou específica en función do alcance de cada competencia.

+info: Competencias Máster MUEM
+info: Memoria Máster MUEM

O Sistema de Garantía de Calidade da EME incorpora unha serie de procedementos cos que garantir a calidade de todas as titulacións das que son responsables. Para iso, revísanse os programas formativos dos títulos adscritos ao centro mediante os Informes Anuais de Seguimento e propóñense melloras baseadas nas necesidades e expectativas do seus grupos de interese mediante os Plans Anuais de Mellora.

Esta titulación impártese na EME baixo un Sistema de Garantía de Calidade certificado.