fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Competencias

No Mestrado Universitario en Enxeñaría de Minas trabállanse as seguintes competencias:


Competencias básicas

Son aquelas que os estudantes deben adquirir durante os seus estudos de nivel de Mestrado Universitario, establecidas pola normativa de ámbito estatal (RD 1393/2007).


Competencias transversais

Para definir estas competencias, tomouse como referencia o conxunto de competencias fixadas polo Real Decreto 1027/2011, de 15 de xullo, polo que se establece o Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, para estudos de Mestrado Universitario.


Competencias xerais e específicas

Á hora de expoñer as competencias xerais e específicas do título tomouse como referencia obrigada a relación de competencias establecidas pola Orde CIN/310/2009, de 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro de Minas. Por tanto, o conxunto de competencias tanto xerais como específicas do título, corresponden integramente coa relación de competencias marcadas na Orde CIN/310/2009 asignándose o carácter como competencia xeral ou específica en función do alcance de cada competencia.


+info: Competencias Mestrado MUEM

+info: Memoria Mestrado MUEM


O Sistema de Garantía de Calidade da EME incorpora unha serie de procedementos cos que garantir a calidade de todas as titulacións das que son responsables. Para iso, revísanse os programas formativos dos títulos adscritos ao centro mediante os Informes Anuais de Seguimento e propóñense melloras baseadas nas necesidades e expectativas do seus grupos de interese mediante os Plans Anuais de Mellora.


Esta titulación impártese na EME baixo un Sistema de Garantía de Calidade certificado