Tal como detállase na páxina web da Comisión Interuniversitaria de Galicia (en diante CIUG) poderán acceder aos ensinos universitarios oficiais de grao do Sistema Universitario de Galicia (SUG) as persoas que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

  • Ter superada a ABAU establecida na Real Decreto Lei 5/2016 do 9 de decembro, de medidas urxentes para a ampliación do calendario de implantación da Lei Orgánica 8/2013 do 9 de decembro
  • Ter superada a PAU establecida no RD 1892/2008, do 14 de novembro, ou segundo as normativas anteriores, estando en posesión de calquera dos títulos e certificados que se indican a continuación:
    • Título de bacharelato relacionado nos artigos 37 e 50.2 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación
    • Título de bacharelato establecido pola Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo
    • Certificado acreditativo de ter superado o curso de orientación universitaria
    • Certificado acreditativo de ter superado o curso preuniversitario
    • Calquera outro título que o Ministerio de Educación declare equivalente, para estes efectos, ao título de bacharelato regulado pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación
    • Título homologado ao título español de bacharelato para estudantes de sistemas educativos estranxeiros
  • Cumprir os requisitos esixidos para o acceso á universidade nos sistemas educativos de estados membros da Unión Europea ou doutros estados cos que España subscribiese acordos internacionais nesta materia, segundo o previsto no artigo 38.5 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación
  • Ter superada a Proba de Acceso á Universidade para maiores de 25 anos, prevista na disposición adicional vixésimo quinta da Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades, ou tela superada, no Sistema Universitario de Galicia, segundo normativas anteriores
  • Ter superada a Proba de Acceso á universidade para maiores de 45 anos, prevista no artigo 42.2 da Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na redacción dada pola Lei Orgánica 4/2007, do 12 de abril
  • Posuír un título de técnico superior de formación profesional, ensinos de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior, aos que se refiren os artigos 44, 53 e 65 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, ou títulos equivalentes
  • Posuír un título universitario oficial de grao, un título dos correspondentes á anterior ordenación do ensino universitario (diplomado, licenciado, enxeñeiro etc.) ou títulos equivalentes
  • Estar en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións educativas anteriores á establecida polo RD 1892/2008, do 14 de novembro, non contempladas nos apartados anteriores

Non se establecerán probas adicionais para o acceso ao título de Enxeñaría da Enerxía, aténdose o acceso unicamente ao establecido pola CIUG.

A información específica en relación á admisión figura na convocatoria de matrícula de grao da Universidade de Vigo de cada curso académico, onde se establecen as condicións e procedementos de admisión do alumnado que son os seguintes:

  1. Admisión polo proceso convocado pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG)
    O número de prazas ofertadas para este procedemento apróbase, para cada curso académico, polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo. Haberá que solicitar a admisión (preinscrición) a través dos procedementos telemáticos que establece a CIUG. Ao final deste proceso, de non cubrirse todas as prazas ofertadas, a Universidade de Vigo fará pública unha convocatoria de prazas vacantes para a admisión e matrícula.
  2. Admisión por recoñecemento de ECTS para quen teña estudos universitarios oficiais iniciados e non terminados
    O número de prazas ofertadas para este procedemento figura na convocatoria de matrícula anual.
  3. Admisión para quen iniciou estudos de grao na Universidade de Vigo, trasladou o expediente e desexe retomar eses estudos
    O órgano de dirección de cada centro atenderá as solicitudes en función das súas posibilidades de organización.
  4. Adaptación dunha titulación oficial en proceso de extinción ao grao que a substitúe
    Quen, sendo estudante dunha titulación oficial en proceso de extinción, desexe adaptarse ao grao que a substitúe, deberá facer o recoñecemento a través da secretaría virtual e matricularse na nova titulación de grao.
  5. Cambio de centro na Universidade de Vigo entre titulacións co mesmo plan de estudos
    O número de prazas ofertadas para este procedemento apróbase, para cada curso académico, polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo.
  6. Curso de adaptación ao grao (curso ponte)
    A oferta de prazas para a realización do curso de adaptación ao grao, vai dirixida a quen estea en posesión da titulación universitaria oficial de ciclo curto requirida para cada caso, correspondente ao anterior sistema de ordenación dos ensinos universitarios.
  7. Requisitos formativos complementarios
    Quen teña unha resolución favorable de homologación expedida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD) condicionada á previa superación de complementos formativos, poderá formalizar matrícula no Universidade de Vigo sempre que entre a súa oferta formativa atópese esa titulación ou unha equivalente na nova estrutura de graos.
  8. Titulados noutras universidades que desexen cursar unha mención no mesmo grao na Universidade de Vigo
    Esta opción é para quen habendo #se titulado por outra universidade desexe cursar unha mención nun plan de estudos coa mesma denominación.

 

Matrícula


Toda a información no apartado Matrícula