Entenderase por “prevención” o conxunto de actividades ou medidas adoptadas ou previstas en todas as fases de actividade da empresa co fin de evitar ou diminuír os riscos derivados do traballo.
Artigo 4 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais.

Na actualidade son numerosas as normas que establecen as pautas a seguir en materia de prevención de riscos laborais. Con todo, o concepto de prevención na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía pretende chegar máis lonxe e formar parte da conciencia e saber facer de todos os seus membros: desde os propios traballadores ao estudantado.

Non en van, o Estatuto do Estudante Universitario recolle, no seu artigo 7, o dereito do estudante universitario a “recibir formación sobre prevención de riscos e a dispoñer dos medios que garanten a súa saúde e seguridade no desenvolvemento das súas actividades de aprendizaxe”.

Tendo o mandato claro e a vontade de converter a prevención de riscos nunha competencia para a vida, neste espazo pódese atopar todo tipo de documentación útil en materia de prevención de riscos e autoprotección para os membros da EME, visitantes e convidados.

Documentación

+info: UVigo | UVigoTV