fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Historia

Os estudos de Enxeñaría de Minas teñen unha longa e brillante tradición. O ensino técnico en materia de minería en España ten a súa orixe en 1777 coa creación da Escola de Minas de Almadén, xurdindo esta como resposta á necesidade de creación e desenvolvemento de técnicas de aproveitamento e transformación dos recursos minerais da época.

Despois do peche temporal da institución en 1820 e a elaboración da Lei de Minas de 1825, en 1835 establécese a Escola de Minas en Madrid. A segunda Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas de España foi creada en Oviedo en 1962.

EME

No ano 1992, debido por unha banda á crecente importancia do sector mineiro na economía de Galicia e por outro, á tendencia á descentralización no ámbito da política educativa e universitaria do estado español, comézase a ofertar na Universidade de Vigo a titulación de Enxeñaría de Minas.

En xuño de 2000 créase a Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas no Campus de Vigo. A Universidade de León e a Universidade Politécnica de Cataluña ofertan desde o ano 2003 e 2004 respectivamente a titulación de Enxeñeiro de Minas. Finalmente, no 2005 inaugúrase o edificio da Escola sede da Titulación, sendo unha das cinco escolas que existen en España e a única en Galicia.


A partir do novo escenario de ordenación dos ensinos universitarios oficiais, a ETSE de Minas aposta pola formación de profesionais especializados en tecnoloxías enerxéticas e mineiras e en ofrecer unha formación da máxima calidade e adecuación á demanda existente e previsible, que se concreta coa oferta no ano 2010, de dous novos títulos oficiais de Grao:

Ademais, a oferta complétase e enriquece con programas de formación de posgrao, co obxectivo de ofrecer aos estudantes unha gama ampla de posibilidades de proseguir unha formación avanzada, permitindo unha formación académica dirixida a unha especialización adaptada ás distintas necesidades e esixencias tanto profesionais como investigadoras. O centro na actualidade oferta dous Mestrados:

Finalmente, no DOG do 7 de febreiro publícase o Decreto 11/2017, do 19 de xaneiro, polo que se modifica a denominación da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo por Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía que reflicte os ensinos que se imparten actualmente.