Grupos de investigación na EME

Análise de concas sedimentarias (BASAN, XM-3)

Liñas de investigación

  • Estudo de unidades sedimentarias, interrupcións sedimentarias e idades.
  • Cartografía en soporte continental mediante técnicas de campo.
  • Cartografía mariña mediante técnicas xeofísicas.
  • Caracterización de medios sedimentarios actuais e antigos mediante análises de facies, asociacións de facies e secuencias en seccións estratigráficas e en rexistros de reflexión sísmica.
  • Reconstrucións paleoambientais e paleontolóxicas aplicadas a estudos de xeoloxía histórica, cambios climáticos, cambios antropoxénicos e variacións do nivel do mar.
  • Historia ecolóxica e restauración dos ecosistemas.
  • Determinación dos procesos de transporte e sedimentación.
BIDI

 

CIMA (EG-06)

Liñas de investigación

  • Materiais compostos: cálculo do comportamento mecánico destes materiais, na construción de equipos para instalación científicas, e no proceso de delaminación no mecanizado de fibra.
  • Biomecánica: caracterización de materiais hiperelásticos, viscoelásticos lineais e viscoelásticos non lineais. Na actualidade trabállase na reprodución do comportamento de tecidos con parte matriz e fibra (tendóns, arterias, etc.).
  • Sistemas dinámicos: cálculo mecánico de sistemas en dinámica explícita (sobre todo absorbedores de enerxía para impacto en vehículos) e implícita (vibracións en pontes de ferrocarril, satélites, etc.). É unha liña que interactúa tamén con biomecánica, materiais compostos e a transferencia a empresas, sempre que hai que facer simulación FEM con integración temporal.
  • Produción enerxética: neste ámbito pódense englobar os proxectos LifeDemoWave e SmartHydro.
  • Mecatrónica avanzada. Esta liña está moi vinculada con deseño mecánico avanzado e a implementación na industria 4.0.
  • Deseño mecánico de equipos a medida, incluíndo construción. Neste ámbito desenvólvense a maioría dos contratos con empresas, destacar o Proxecto E-Corydora (activo) e proxecto TitanRob (pechado). Tamén se poden enmarcar aquí parte dos traballos de deseño e fabricación para instalacións científicas (CALIFA).
  • Satélites: Sobre todo deseño de sistemas de despregue de antenas para cubesat e cálculos mecánicos segundo norma: vibracións, resistencia, etc. O grupo participou no desarrollo de diversos satélites.
  • Mecatrónica aplicada á valorización de recursos naturais.
BIDI

 

Ecuacións diferenciais e simulación numérica (MA1)

Liñas de investigación

  • A primeira liña de investigación está dedicada á resolución numérica de modelos rexidos por ecuacións derivadas parciais e os seus campos de aplicación son fundamentalmente enxeñaría e medicina.
  • A segunda liña céntrase no aspecto dinámico (estabilidade, comportamento asintótico, solucións periódicas e caos) de modelos rexidos por ecuacións diferenciais ordinarias con retardo e ecuacións en diferencias. O seu principal alcance é a bioloxía (en particular, a dinámica poboacional), aínda que tamén se aplica a modelos de física e economía.
BIDI

 

Enxeñaría de Corrosión e Materiais (ENCOMAT)

Liñas de investigación

  • Recubrimentos para protección contra da corrosión (recubrimentos orgánicos, inorgánicos, sol-xel, …).
  • Modificación superficial para mellora das propiedades anticorrosión (implantación iónica, refusión por láser, fricción, …).
  • Corrosión electroquímica (corrosión en formigón, óxidos para baterías, …).
  • Desenvolvemento de eléctrodos para baterías de ión litio.
BIDI

 

Enxeñaría de sistemas e automática

Liñas de investigación

  • Automatización industrial avanzada de maquinaria.
  • Sistemas de control de árbores e robótica non convencional.
  • Impresión industrial 3D.
  • Automatización de sistemas de mantemento, loxística e produción industrial.
  • Automatización de maquinaria.
  • Sistemas complexos de integración vertical de servizos industriais (control de produción, trazabilidade, mantemento, etc.).
  • Desenvolvemento de normas para automatización industrial: ISO 10303 STEP, IEC 61131-3.
BIDI

 

Explotación de Minas (CI5)

Liñas de investigación

  • Análise estatística da calidade de procesos, produtos e materiais de construción.
  • Estudo xeoestatístico de datos espaciais e espazo-temporais.
  • Inferencias mediante aplicación de redes baiesianas.
BIDI

 

Procesos de separación avanzada (EQ1)

Liñas de investigación

  • Desenvolvemento de novos disolventes para procesos de extracción: líquidos iónicos e disolventes eutécticos profundos.
  • Extracción de compostos de alto valor engadido.
  • Eliminación de contaminantes.
BIDI

 

Enxeñaría química (EQ2)

Liñas de investigación

  • A principal liña de investigación é o uso de residuos de biomasa vexetal para obter produtos de interese na industria alimentaria, farmacéutica, etc., integrando aspectos da enxeñaría química, da química (química dos produtos naturais e dos alimentos), ciencia dos materiais , enzimoloxía e microbioloxía.
  • A súa actividades céntrase no desenvolvemento de procesos para a obtención de produtos de valor engadido a partir dos distintos compoñentes da biomasa vexetal (celulosa, hemice lulosas, pectinas, fracción fenólica e extractos). O seu obxectivo é o desenvolvemento de procesos multiprodutos (seguindo o coñecido como “Refinerías de Biomasa”), que buscan a rendibilidade económica e a sustentabilidade. Este último inclúe o uso de recursos e tecnoloxías renovables de menor impacto ambiental.
BIDI

 

Redes eléctricas

Liñas de investigación

  • Enerxía eólica: impacto nas redes eléctricas, modelado de máquinas e almacenamento.
  • Redes eléctricas: planificación, operación e optimización.
  • Liñas eléctricas de alta tensión: análise térmica e eléctrica.
  • Campos electromagnéticos: avaliación.
  • Sistemas de posta a terra.
BIDI

 

Xeotecnoloxías aplicadas

Liñas de investigación

  • A súa actividade de investigación céntrase no desenvolvemento de métodos de procesamento en nube de puntos e na súa aplicación. Os seus traballos inclúen métodos de clasificación, segmentación, extracción de modelos e modelado, mediante a adaptación de coñecidas técnicas de procesamento de imaxes e Intelixencia Artificial (Machine Learning e Deep Learning). Dous conceptos clave marcan o seu traballo máis recente: o uso das nubes de puntos como modelos de información, non só como fonte de información, e a rexeneración das súas oclusións.
BIDI

 

Grupo de tecnoloxía enerxética (GTE)

Liñas de investigación

  • Combustión de biomasa.
  • Simulación e desenvolvemento experimental de sistemas térmicos (intercambiadores, motores, acumuladores…).
  • Modelado en eficiencia enerxética e construción.
  • Simulacións de dinámica de fluídos industriais e médicos.
BIDI

 

Compiladores e linguaxes – COLE (IA1)

Liñas de investigación

  • Optimización e control óptimo
  • Modelado e simulación numérica
  • Enxeñaría medioambiental
  • Tecnoloxía de alimentos
  • Sistemas de telecomunicación
BIDI