Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Xeolodía 19

Datas: 11-12 de maio de 2019

Xeolodía é unha iniciativa de divulgación na que se realizan excursións xeolóxicas de campo guiadas por xeólogos/as, gratuítas e abertas a todos os públicos. Cada ano realízase un Xeolodía por cada provincia o primeiro ou segunda fin de semana de maio.

Os Xeolodías teñen lugar en contornas de gran interese xeolóxico e ofrecen unha información sinxela pero rigorosa. Permiten ver eses lugares con “ollos xeolóxicos” e entender como funciona a Terra sobre a que vivimos e de cuxos recursos naturais dependemos. Quen participa comprenden tamén o valor do noso patrimonio xeolóxico e a necesidade de protexelo.

Xeolodía busca achegar á sociedade a xeoloxía e a profesión do xeólogo. O lema de Xeolodía, “Mira o que pisas”, é unha chiscadela para mostrar que o chan baixo os nosos pés encerra os recursos que necesitamos para vivir (auga, minerais, petróleo…) e que coñecer como funciona o planeta axúdanos a previr os perigos que poden afectarnos (inundacións, terremotos, volcáns…). Ademais o que pisamos contén a longa historia do noso planeta, escrita nas rocas e na paisaxe a modo de páxinas dun libro moi extenso, que os/as xeólogos/as saben ler e que merece a pena coñecer e conservar. Xeolodía mostra así que a xeoloxía é unha ciencia atractiva, necesaria e útil para a sociedade.

 

Máis información: Geolodía