fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Taller de recoñecemento de minerais

Minerais

Co obxecto de dar a coñecer o apaixoante mundo dos minerais, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, oferta dentro das súas actividades de divulgación científica, o taller interactivo de recoñecemento de minerais.

Tratase dun taller teórico-práctico, de dúas horas de duración, onde os asistentes aprenden a identificar os minerais máis comúns da natureza a partir das súas propiedades físicas: dureza, raia, cor, hábito, etc, así como a súa clasificación, usos, ambientes de formación e onde se poden atopar no campo.


PROGRAMA DO TALLER


Parte teórica: 1 hora

  • Definición de Mineral e Rocha
  • Clasificación dos Minerais
  • Ambientes de formación
  • Propiedades físicas dos minerais

Parte Práctica: 1 hora

  • Recoñecemento de 25 minerais a partir das súas propiedades físicas e/ou a partir de probas sinxelas.

 


O taller impartese nas instalacións da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo (ver localización) en grupos de 30 alumnos máximo o primeiro venres de cada mes.

Se estades interesados en participar no taller, de forma totalmente gratuíta, contactade con nós en ou no telefono 986 812 205.