Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Orientación universitaria

A EME anualmente asiste a diferentes feiras e xornadas de Orientación Universitaria:

SIOPE

A Sección de Información, Orientación e Promoción do Estudante da Universidade de Vigo organiza a Xornada de orientación universitaria, que é unha actividade que se leva a cabo na Universidade de Vigo para achegar a Universidade ao futuro alumnado universitario. Está destinada principalmente a estudantes de 1º e 2º de bacharelato aínda que tamén participan de 4º de ESO e de Ciclo Superior de FP. A EME participa como expositor para dar a coñecer a súa oferta formativa.

Máis información sobre a xornada no SIOPE


EDUGAL

O Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia (EDUGAL) é un lugar de encontro entre o alumnado, os profesionais do ensino, os centros de formación e as institucións educativas. Tratase do maior salón da oferta educativa na eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. A EME participa como expositor para dar a coñecer a súa oferta formativa.

Datas: 27, 28 de febreiro e 1 de marzo de 2019.

Máis información sobre EDUGAL


XOUP

Nas xornadas de orientación universitaria e profesional (xoup) informase e orientase ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos non regulados, así como das saídas profesionais ao seu remate. A EME participa cunha presentación onde da a coñecer a súa oferta formativa e as saídas profesionais da mesma.

Datas: do 1 ao 5 de abril de 2019

Máis información sobre XOUP