fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Exposición itinerante

Ofrecemos a posibilidade de acoller nos centros educativos unha exposición de carácter didáctico na que se amosan os principais Recursos Naturais de Galicia.

Nesta exposición descríbense os recursos enerxéticos e minerais dos que dispón Galicia e faise unha breve descrición técnica de como é o seu aproveitamento actual e a restauración dos Espazos Naturais afectados tras o seu aproveitamento.

Así, destácanse fontes de enerxía alternativas como a enerxía hidráulica, eólica, xeotérmica, solar e a obtida da queima de biomasa; e fontes de riqueza mineral en Galicia como son o granito, os áridos para a construción, a lousa e as augas minerais. Tamén se amosa a importancia dos Materiais de tanta relevancia en Galicia así como a reciclaxe destes.

A exposición consta de cinco banners con soporte autoportante, de fácil montaxe e posibilidade de ubicación en espazos reducidos.


exposición itinerante

Ademáis, para aproveitar máis a exposición, propoñemos 3 actividades vinculadas á mesma:

Se estades interesados en acoller a exposición itinerante durante unha semana no voso centro educativo, de forma totalmente gratuíta, contactade con nós en ou nos teléfonos 986 814 077 e 986 812 205.