fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

EME - PAKUXA 2019

¿Queres demostrar o teu potencial como orador? Esta é a túa oportunidade.  A EEME xunto coa a Delegación do alumnado lanzan o EME - PAKUXA 2019.  Na túa intervención terás 20 diapositivas e 20 segundos para cada unha delas. Ti non coñecerás as diapositivas e terás que realizar unha exposición coherente e orixinal. 

Cartel PAKUXA

O concurso celebrarase o 3 e 4 de abril no vestíbulo da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da UVIGO, dende as 14 ás 15 horas. Para poder participar envía as túas inscricións a   antes do 20 de marzo indicando o teu nome e grao que cursas.

Un xurado constituido por dous profesores da EEME e dous alumnos dicidirá cal será o gañador.