Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

8 de marzo: Día internacional das mulleres

Co obxectivo da celebración do día 8 de marzo, día internacional das mulleres, na EEME celebramos unha serie de actividades. Entre elas, lanzamos  o primeiro concurso de fotografía MULLE.Rme 2019, co cal buscamos dar visibilidade á muller nas actividades relacionadas coa profesión de enxeñaría de minas e enerxía: xeración, transformación, transporte e uso da enerxía, enerxías renovables, explotación de minerais e rochas, túneles e obras subterráneas, restauración de espazos mineiros, avaliación de impacto ambiental, fabricación e uso de materiais, explosivos, etc.


MULLE.Rme 2019


As persoas interesadas poden enviar as súas fotografías antes do 27 de febreiro (23:59 horas) a . Consulta as bases deste concurso fotográfico.

muller.rme 2019

DATAS DO CONCURSO

  • DATA DE RECEPCIÓN: 27/02/2019
  • DATA FALLO XURADO: 28/02/2019
  • DATA ENTREGA PREMIOS: 08/03/2019
  • PARTICIPANTES: Libre

XURADO

  • Fotógrafo/a profesional:
  • Persoal docente de cada unha das titulacións da EEME
  • Persoal de administración e servizos
  • Representante da Unidade de Igualdade
  • Alumnado

PREMIOS

  • Primeiro Premio: Cámara reflex valorada en 300€
  • Segundo Premio: Mochila fotográfica valorada en 50€
  • Terceiro Premio: Palo selfie valorado en 30€

A inauguración da exposición e a entrega de premios terán lugar o venres 8 de marzo de 2019 ao longo da mañá na celebración do Dia internacional das mulleres no vestíbulo da Escola de Enxeñaria de Minas e Enerxía.



Nos vindeiros días publicaremos o programa de tódalas actividades que estamos a organizar.