fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Eduardo Liz Marzán

Eduardo Liz Marzán

Catedrático de Universidade

Área de Matemática Aplicada

Departamento de Matemática Aplicada II

Liñas de investigación:

  • Sistemas dinámicos
  • Ecuacións diferenciais
  • Ecuacións en diferencias

Grupo de investigación:

Ecuacións diferenciais e simulación numérica (MA1)

Información de contacto

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Despacho D211
Campus Universitario
36310 Vigo

 

  +34 986 812 127
 

Espazo web en UVIGO

Curso 2018/2019: Docencia


1º CUADRIMESTRE:

Grao en Enxeñaría da Enerxía
V09G290V01103 | Álxebra lineal
V09G290V01104 | Cálculo I

Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
V09G310V01103 | Álxebra lineal
V09G310V01104 | Cálculo I


2º CUADRIMESTRE:


Curso 2018/2019: Titorías



Breve CV


Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1990 con Premio Nacional e Premio Extraordinario. Doutor en Matemáticas pola Universidade de Vigo en 1994 con Premio Extraordinario. Desde 2008 é Catedrático na Universidade de Vigo. Impartiu docencia universitaria desde 1990. Os seus intereses de investigación céntranse na teoría cualitativa de Ecuacións Diferenciais e Sistemas Dinámicos que proveñen de modelos en Ciencias Aplicadas, especialmente en Dinámica de Poboacións. É coautor de máis de 80 artigos de investigación, investigador principal de 6 proxectos do Plan Nacional desde 1998 e participante en varios proxectos internacionais e redes temáticas. Realizou 24 estancias de investigación (14 en centros estranxeiros) e impartiu conferencias por invitación en 23 congresos internacionais (4 delas como conferenciante plenario) e 6 nacionais. Foi presidente do Comité Organizador dun congreso internacional, coordinador doutro, colaborou na organización doutros 3 congresos e é editor de dous libros de Proceedings. Dirixiu 3 Teses Doutorais. Foi Director do Departamento de Matemática Aplicada II da Universidade de Vigo. É membro do Comité Editorial de 2 revistas internacionais e foi censor de 63 revistas de investigación. É avaliador externo da ANEP e das Axencias de Investigación de Austria, Chile, Eslovaquia, Hungría e República Checa.