fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Luisa Álvarez Zaragoza

Luisa Álvarez Zaragoza

Profesora Asociada

Área de Prospección e Investigación Mineira

Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente


Información de contacto

Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Despacho L104
Campus Universitario
36310 Vigo

 

  +34 986 813 498
 

Espazo web en UVIGO

Curso 2018/2019: Docencia


1º CUADRIMESTRE:



2º CUADRIMESTRE:

Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
V09G310V01804 | Xeofísica, xeoquímica e xeotermia


Curso 2018/2019: Titorías



Breve CV


Enxeñeira de minas da intensificación ambiental e mineira pola Universidade de Vigo en xuño de 2003. Dende esa data está colexiada co número 2121 no Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste de España. Técnica en Prevención de Riscos Laborais nas especialidades de seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía aplicada, pola Fundación Laboral da Construción en abril de 2008. Profesora interina na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas de Vigo, concretamente no Departamento de Recursos Naturais e Medio Ambiente, durante os cursos 2012-2013 e 2013-2014. Dirixiu 2 Proxectos Fin de Carreira e 1 Traballo de Fin de Grao e na actualidade se atopa dirixindo outros 5 PFC así como 1 TFG. Representante de titulados da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas de Vigo na Comisión de Garantía de Calidade do centro. Como experiencia profesional destaca: 1) Técnica Área de Minería en Ceima Ingeniería, S.L. empresa consultora que desenrolaba a súa actividade nos campos da minería, medio ambiente, obra civil, edificación e urbanismo, e enxeñería agroforestal. Novembro 2003 – maio 2005; 2) Técnica en Proyectos Mineros Icam, S.L. empresa consultora que desenrola a súa actividade nos campos da minería e obra civil, especializada no campo das voaduras. Maio 2005 – marzo 2006; 3) Directora do Departamento Técnico da División de Minería do Grupo Indeza, grupo empresarial galego composto por sete empresas, abarcando diversos sectores como a construción civil e edificación, servizos, minería e xestión de RCD’s e promoción inmobiliaria. A función desempeñada foi a de control técnico das dúas empresas do grupo englobadas no sector da Minería e a xestión de residuos. Rocas Industriales de Vilachá, que dedica a súa actividade á extracción e comercialización de granito ornamental e Explotación Minera de Campomarzo, que abarca por un lado a extracción, transformación e comercialización de áridos para o seu uso como balasto, formigón e mesturas bituminosas; e, por outra parte o sector da Xestión de Residuos de Construción e Demolición. Marzo 2006 – decembro 2011; 4) Directora e fundadora da empresa Pedra Ingeniería, S.L. que ten por obxecto social a consultoría nos aspectos relacionados coa minería, medio ambiente, agrícola, xestión de residuos, topografía, cartografía e voaduras, así como a formación relacionada coa seguridade mineira, dereitos mineiros e inmobles relacionados con estes. Na actualidade é directora facultativa de varias explotacións do sector dos áridos e a roca ornamental. Así mesmo, organiza e imparte cursos de formación preventiva en minería. Xaneiro 2012 – actualidade.