fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Lucía Díaz Vilariño

Lucía Díaz Vilariño

Contratada Postdoutoral

Área de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría

Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente

Liñas de investigación:

  • Procesado automático de nubes de puntos
  • Modelado de información do ambiente construido
  • Accesibilidade e mobilidade

Grupo de investigación:

Xeotecnoloxías Aplicadas

Información de contacto

Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Despacho L222
Campus Universitario
36310 Vigo

 

  +34 986 813 499
 

Espazo web en UVIGO

Curso 2018/2019: Docencia


1º CUADRIMESTRE:

Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
V09G310V01514 | Cartografía temática e teledetección

Mestrado Universitario en Xeoinformática
V09M180V01101 | Enxeñaría cartográfica e Xeodesia
V09M180V01104 | Procesamento da información espacial


2º CUADRIMESTRE:

Mestrado Universitario en Xeoinformática
V09M180V01109 | Procesamento de imaxe xeospacial


Curso 2018/2019: Titorías



Breve CV


Doutora pola Universidade de Vigo en 2015, con Mención Internacional e Premio Extraordinario. Imparte docencia universitaria dende ano 2012 dentro da Área de Enxeñería Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría da Universidade de Vigo. A súa actividade docente céntrase fundamentalmente na Escola de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, aínda que tamén impartiu docencia na Escola de Enxeñería Forestal da mesma universidade, e na Facultade de Arquitectura e Ambiente Construido da Technical University of Delft (Países Baixos). É coautora de máis de 40 publicacións científicas e participante en máis de 20 proxectos de investigación e contratos con empresas. Realizou diversas estadías de investigación en centros de prestixio internacional como a University of Twente (Países Baixos), University of Stuttgart (Alemaña), Universidade do Minho (Portugal), University of the West of England (Reino Unido), Politecnico di Milano (Italia) e Technical University of Delft (Holanda). É censor de diversas revistas internacionais e vogal do comité AEN/CTN 178 “Cidades intelixentes” de AENOR.