fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Juan Luís Rodriguez Somoza

Juan Luís Rodriguez Somoza

Profesor Asociado

Área de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría

Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente


Información de contacto

Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Despacho M004
Campus Universitario
36310 Vigo

 

  +34 986 812 609
 

Espazo web en UVIGO

Curso 2018/2019: Docencia


1º CUADRIMESTRE:

Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
V09G310V01701 | SIX e ordenación do territorio

Mestrado Universitario en Enxeñaría de Minas
V09M148V01109 | Recursos Renovables e non Renovables. Xeomática Avanzada


2º CUADRIMESTRE:

Grao en Enxeñaría da Enerxía
V09G290V01401 | Xeomática

Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
V09G310V01401 | Xeomática
V09G310V01601 | Xestión de obras e replanteos


Curso 2018/2019: Titorías



Breve CV


Juan Luis Rodríguez Somoza, e Enxeñeiro Técnico Forestal pola Universidade de Vigo (Pontevedra, 2006), Triple Master en Prevención de Riscos Laborais, Xestión dos Sistemas de Calidade e Xestión dos Sistemas Medioambientais (Vigo, 2008), Grado en Enxeñaría Forestal pola Universidade de Vigo (Pontevedra, 2013), Master Universitario en Tecnoloxía Medioambiental pola Universidade de Vigo (Vigo, 2014) e Doutor pola Universidade de Vigo, Programa de Doutoramento en Xeotecnoloxías Aplicadas a Construcción, Enerxía e Industria (Vigo, 2017). Traballou dende o 2007 en empresas de construcción (control xeométrico de estruturas ferroviarias (AVE), movemento de terras) primeiramente como topógrafo y despois como responsable de producción, facendo traballos de xestión, control, certificacións e peches de obras. Dende o 2013 inicia os seus traballos de investigación no laboratorio de Xiloenerxética da E. E. Forestal (Pontevedra), estudando o control de calidade, o comportamento na combustión e o risco de formación de escorias en distintos productos biomásicos, donde realiza o TFM e posteriormente a sua tese de doutoramneto. Participa en mais de 20 proxectos de I+D, codirixeu 4 Traballos Fin de Grao e 1 Proxecto Fin de Carreira. Participou na publicación do capítulo dun libro e dun artículo científico. No 2016 e profesor invitado (febreiro – xuño 2016) na E. E: Forestal impartindo asignaturas en 3º de Grado en Enxeñaría Forestal (Xiloenerxética, Aproveitamentos Forestais e Xestión Ambiental), en maio de 2016 e 2017 imparte clases como conferenciante invitado no Master en Enerxía e Sostibilidade (E.E. Industrial, Vigo). Actualmente e profesor asociado na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (Vigo) e director dunha oficina técnica dedicada a realizar diversidade de trabajos e proxectos de enxeñaría e prevención de riscos laborais.